CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA
A Agrupación Deportiva Escolar “As Rias”, organiza en colaboración cos Concellos de Cee e Corcubión o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), nas categorías Benxamín mixto, Alevín masculino/mixto, Alevín feminino e a categoría Infantil masculino, correspondente a tempada 2013/2014.
BENXAMÍN, ALEVÍN e INFANTIL (10-05-2014) – Polideportivos : Municipal do Concello de Cee e Municipal do Concello de Corcubion
A competición deste Campionato Intercomarcal terá lugar o sábado día 10 de Maio/2014, nas seguintes pistas polideportivas:
Pavillón Polideportivo Municipal do Concello de Cee
Polideportivo Municipal de Cee (Categoría Alevín Feminino) |
|
HORA |
ENCONTRO |
15:30 |
AUTOS AMARELLE-C.F.S. FISOBER |
Os encontros das categoría Benxamín e Alevín terán dous tempos cunha duración de 20 minutos a reloxo corrido, e a categoría Infantil terá dous tempos de 25 minutos a reloxo corrido. Haberá en todas as categorías 5 minutos de descanso entre o 1º e 2º período.
En cada período do encontro, os equipos poderán solicitar un tempo morto de 1 minuto de duración.
Nas semifinais de todas as categorías e na final das categorías benxamín e alevín, en caso de empate, realizaranse tres lanzamentos de penalti e, no caso de persistir o empate, lanzamentos sucesivos necesarios.
Aplicaranse as Normas técnicas de Fútbol Sala do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). Todos os aspectos non recollidos nesta normativa serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Fútbol Sala.
A entrega de trofeos e medallas, efectuarase unha vez rematada a final Alevin no Pavillón Polideportivo Municipal de Corcubión, hora estimada ás 19:00 h, os tres primeiros clasificados de cada categoría.